O Debuxo de María
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
xoves, 3 de abril de 2025
Traballo 20. Prácticas de debuxo de espido
luns, 31 de marzo de 2025
Traballo 19. Parte teórica do exame PAU.
Partindo do exame de exemplo que envía a CIUG para a proba PAU de debuxo artístico, dá resposta ás tres preguntas teóricas, tendo en conta as instrucións da CIUG:
"Nestas cuestións o estudante deberá facer un comentario dunha extensión aproximada de 12 liñas ou 200 palabras" (por cada pregunta) e tamén que á hora de corrixir "teranse en conta os seguintes aspectos:
- A capacidade de reflexión sobre o proceso creativo desde o boceto ata a realización da obra.
- A capacidade de análise sobre a obra e a cuestión proposta.
- A claridade expositiva."
Entrega pola aula virtual no apartado "Entrega de traballos" antes das 15:00 h. do sábado 5 de abril.
venres, 7 de marzo de 2025
Traballo 17_ Exploración do Impresionismo
Despois de ver a presentación feita por Belén ("Percibindo a Arte", para consultala está na aula virtual de debuxo no apartado de Historia da Arte ) debuxar do natural (ou a partir de fotos propias) unha paisaxe en catro momentos diferentes á maneira dos impresionistas, cos cambios de luz e cor que se aprecien.
Haberá que escribir un comentario sobre a propia obra de mínimo 60 palabras e máximo unha páxina, que pode ir escrita directamente na parte traseira do traballo.*
As fotos empregadas como referencia e as fotos dos apuntes a acuarela feitos na praia deberán entregarse pola aula virtual, nun so documento en pdf.
Técnica: calquera non dixital semellante ao acabado dos cadros impresionistas (acuarela, témpera, acrílico, rotulador de punta ancha-branda...)
Formato: Nun DINA3 situar as catro imaxes, que serán de igual tamaño entre elas (aprox.DINA5)
Data de entrega: 2ºD,E,F: 17 de marzo, 2ºC e 2ºG: 18 de marzo (2ºC e G teñen saída cultural o 18, pero entregarán o traballo en conserxería antes de saír).
*Axuda para realizar o comentario. Podedes facervos as seguintes preguntas:
- Que transmite o lugar elixido? E a obra (cores, formato...)?
- Cambia a sensación/mensaxe transmitidas en cada unha das pezas?
- Sucede algo diferente no espazo representado en cada imaxe? (se non é así... Que imaxinas que podería ter sucedido nese espazo nos diferentes momentos?)
- Por que elixes este espazo e non outro?
mércores, 19 de febreiro de 2025
Traballo 16. Prácticas de acuarela
En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente
posible. Data de entrega: 6 / 7 de marzo (1ª clase despois de Entroido)
Aquí tes o enlace ás acuarelas que vimos na aula.
martes, 28 de xaneiro de 2025
Traballo 14. Bodegón cubista
Realizar un bodegón da clase de debuxo a partir dos apuntes
realizados tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de
puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre non dixital (acuarela, acrílico,
ceras, collage, mixta...) DINA3. Entrega: 17 / 18 de febreiro.
luns, 13 de xaneiro de 2025
Traballo 13. Autorretrato (ou retrato dun compañeir@) a mancha
Empregando a técnica de retrato a mancha que vimos nas últimas clases, fai un autorretrato (ou o retrato dun compañeiro/a que teña debuxo artístico). O parecido valorarase pero non é o máis determinante, importando máis a expresividade, a composición e o emprego do clarescuro. Podes empregar carboncillo ou/e carbón prensado, goma, esponxa... e non esquezas FIXALO ANTES DA ENTREGA.
Tamaño: DINA3
Datas
de entrega: 27 / 28 de xaneiro
Se queres revisar o titorial que vimos na aula, preme no seguinte enlace.
E deixo tamén este outro titorial do mesmo artista.
A continuación, algúns exemplos desta técnica:
sábado, 11 de xaneiro de 2025
Traballo 12_ Práctica PAU
A partir do que che inspiren o fragmento literario de Brodsky e a obra de Monet, realiza un debuxo creativo de técnica libre. Tamaño: DINA3
Entrega:20 / 21 de xaneiro
TEXTO:
“El cielo es de un brillante azul; el sol, que oculta su apariencia dorada bajo el pie de San Giorgio, se desliza sobre las incontables escamas del oleaje de la laguna (…) A la hora de la puesta de sol (…). Los relieves se vuelven más flexibles, las columnas más rotundas, los capiteles más rizados (…)”.
BRODSKY, Joseph (2005): Marca de agua. Madrid: Siruela, páxs. 65-66.
CLAUDE, Monet (1908): Grand Canal, Venice. Óleo sobre tea, 73.7 x 92.4 cm. Museum of Fine Arts Boston.
martes, 7 de xaneiro de 2025
PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO DE NATUREZA HÁBITAT
luns, 16 de decembro de 2024
Traballo 11. Mans e pés.
Cinco debuxos realistas a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible. Cada un dos debuxos ocupará un formato DINA4 completo (unha man nun DinA4, outra noutro...etc) Na aula adicaremos algunha sesión a este traballo antes das vacacións de Nadal.
Data de entrega: Na primeira clase á volta do Nadal (8 / 9 de xaneiro).
Exemplo do traballo:
Traballo 10. Cónica oblicua
Practica a perspectiva cónica oblicua seguindo os titoriais que tes a continuación e presenta as dúas casas nun único DINA3 (ou cada casa nun DINA4, o que prefiras). A cor pode ser a acuarela, rotulador ou lápis de cor.
Entrega: na primeira clase á volta das vacacións de Nadal (8 / 9 de xaneiro))