luns, 25 de setembro de 2017

Traballo 2. Práctica de cor: certame do grupo naturalista Hábitat

Para o segundo traballo, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat (bases) Entrega: luns , 30 de setembro.
  • Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
  • A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
En cada debuxo representaredes a un exemplar das seguintes especies:
  1. Merlo rieiro / Cinclus cinclus
  2. Rascón / Rallus aquaticus
  3. Ouriolo / Oriolus oriolus
  4. Lavandeira real / Motacilla cinerea
  5. Auganeira / Galemys pyrenaicus
  6. Rata de auga / Arvicola sapidus
  7. Morcego de Daubenton / Myotis daubentonii
  8. Dentesil / Osmunda regalis
  9. Freixo común / Fraxinus excelsior
  10. Abeleira / Corylus avellana
  11. Ra verde / Pelophylax perezi
  12. Boga / Chondrostoma polylepis
  13. Gaiteiro azul / Calopteryx virgo
  14. Libeliña do luscofusco / Boyeria irene
  15. Mosca da pedra / Dinocras cephalotes
  16. Mosca de maio / Ephemera danica
Por detrás de cada debuxo, a lapis, deberá indicarse:
  • Nome e apelidos completos do autor/a
  • Título da obra
  • Especie elixida 
A continuación, algúns dos debuxos feitos por vós:






















luns, 18 de setembro de 2017

Traballo 1. Nove obxectos cotiáns

Traballo 1. Debuxar nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito.

COMEZO DO CURSO 2017 / 2018

Benvidas e benvidos á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada luns haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o luns seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota)  Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén.  Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).