martes, 20 de decembro de 2016

luns, 19 de decembro de 2016

Traballo de Nadal

Á volta das vacacións de Nadal (luns, 9 de xaneiro), haberá que entregar cinco debuxos a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de dorso, puño e escorzo, e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Ademais, entregarase o caderno de bocetos que comezastes o 1 de decembro (polo menos 20 páxinas debuxadas, que son 39 días en total). Boas vacacións a todas e todos!!!

luns, 12 de decembro de 2016

Traballo 10

Elixir un debuxo dos dez copiados nos traballos 8 e 9, documentarse acerca doutras obras (esp.debuxos) do autor e realizar un autorretrato empregando recursos similares. DINA3 e técnica parecida aos debuxos orixinais do artista elixido.

venres, 2 de decembro de 2016

Traballo 9. Copia de cinco debuxos "modernos"



Traballo 9. Copia de cinco debuxos "modernos". Como segunda parte do traballo anterior, copia agora cinco debuxos de artistas moi diferentes. De novo: DINA4, análisis previo de trazado e técnica para que o resultado sexa o máis parecido posible ao orixinal. A data de entrega de ambos traballos (dez debuxos) será o 12 de decembro.


Egon Schiele
R.B.Kitaj



Paula Rego



Pat Andrea


David Hockney

luns, 28 de novembro de 2016

Traballo 8. Copia de cinco debuxos clásicos

Facer unha copia en DINA4 de cada un dos cinco debuxos seguintes, estudando especialmente o tipo de trazado e valoración empregados polo artista en cada caso. Buscar a técnica máis similar.a empregada no modelo.
Ingres

Goya

Durero

Leonardo

Watteau

luns, 21 de novembro de 2016

Traballo da semana 21 - 25 de novembro

Semana 21 - 25 de novembro. Esta semana, por mor dos exames, non tedes traballo de DEA II para casa. A entrega do traballo 7 pode retrasarse até o mércores 23.

luns, 14 de novembro de 2016

Traballo 7. Exame PAU Xuño2010

Traballo 7. Exame PAU Xuño2010. Opción1, exercicio 1.
Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos dun taller mecánico, elixidos de entre os seguintes: caixa de ferramentas, tarro de pintura, roda dun coche e cono de situación. Un dos obxectos deberá estar solapado e todos estarán dispostos nunha superficie horizontal. A organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de claroscuro. DINA3. Grafito

mércores, 9 de novembro de 2016

Proxecto "Sketchbook"




Proxecto "Sketchbook"

("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)

Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cincuenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).

Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a grafito, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de decembro, e servirá como traballo cualificable, cada vez que o pida a profesora.



domingo, 6 de novembro de 2016

Traballo 6, "Para a cama"

Traballo 6. "Para a cama". A tinta, emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da túa cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.

Exemplos:



































luns, 24 de outubro de 2016

Obras en carboncillo

Para que vos sirva de inspiración, unha mostra de debuxos moi diferentes pero interesantes todos. Se vos gusta unha obra en particular buscade máis traballos do mesmo autor.

Traballo 5. Interpretación

Traballo 5. Interpretación, con técnica libre, da obra de Hans Baldung Grien "Retrato dunha dama" (1530). Exame PAU Xuño 2015. Opción A

E as vosas interpretacións: