mércores, 16 de decembro de 2015

Traballo de Nadal. Composición e valoración

Primeira parte: Elaborar unha composición equilibrada (bodegón ou figura) da cal se tomarán fotografías desde diferentes puntos de vista, ata conseguir a definitiva, que me enviaredes por mail mariaalvarez@edu.xunta.es  (en minúsculas)   na semana de entrega.
Haberá que ter en conta os seguintes aspectos:
  • Tema
  • Encadre
  • Proporción
  • Perspectiva / P.de vista
  • Luz
  • Claroscuro
  • Cor
  • Relación figura / fondo
  • Textura
Segunda parte: Representar a composición elixida con tres técnicas gráficas, incidindo na valoración (traballo de luces e sombras) principalmente. As técnicas serán: tinta (con pincel), carboncillo e outra libre. Todas a DINA3.

Lembrade que tedes varios recursos colgados neste blog para refrescar coñecementos de valoración
http://odebuxodemaria.blogspot.com.es/2015/10/para-os-alumnos-e-alumnas-que-tenan.html

martes, 15 de decembro de 2015

Traballo 12._Exame PAU 2015. Xuño. Opción B


1. Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos, de entre os seguintes instrumentos musicais: un tambor, unha trompeta, un saxofón, un piano e unha guitarra española. A organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de claroscuro.
2. Con técnica libre* realizar unha interpretación da obra de CANALETTO (Giovanni Antonio Canal), c.1723-1724: Piazza San Marco. Óleo sobre tea, 141,5 x 204,5 cm. Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid.

* Como base da interpretación partiremos dunha estrutura liñal, documentándonos sobre a obra da pintora portuguesa Vieira da Silva