martes, 9 de abril de 2024

ESTUDIOS ABERTOS na Coruña

 ATENCIÓN: Este sábado 13 de abril de 11:00 a 21:00 poderedes disfrutar dunha nova edición dos Estudios Abertos. 

35 artistas abrirán as portas dos seus estudios para amosar a súa obra a quen queira pasarse, algúns estudios terán ademais a obra de outros artistas invitados. Animádevos a visitar os que máis vos apetezan.

É unha actividade totalmente gratuita e moi interesante. Déixovos aquí os planos da cidade cos estudios visitables.





venres, 5 de abril de 2024

Recordatorio para entrega final do Sketchbook

Ante o despiste xeral (incluído o meu) coa data de entrega final do sketchbook, que estaba fixada para a 1ª semana de abril, retrasamos unha semana dita entrega, que será na semana do 8 ao 12 de abril.

 ("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)


Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 160 ou máis).

ATENCIÓN, cambio de datas da 1ª entrega:
Datas de entrega:Na semana do 5-9 de febreiro: 45 páxinas rematadas

Na primeira semana de abril: 75 páxinas rematadas


Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de novembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos. Na terceira avaliación entregarase  (2ª semana de abril) con 75 páxinas (mínimo) rematadas e poderá substituír unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España



 

domingo, 24 de marzo de 2024

RECUPERACIÓN DE AVALIACIÓNS PENDENTES

Tedes subida na Aula Virtual da materia a información sobre a recuperación da 1ª e 2ª avaliación, ademais dun calendario coas datas e actividades máis importantes e próximas no tempo.

Traballo 16. Bodegón feito na aula

 Traballo feito na clase. Unha sesión. Bodegón a grafito DINA3

venres, 22 de marzo de 2024

luns, 18 de marzo de 2024

Traballo 15. Bodegón cubista

Realizar un bodegón da clase de debuxo a partir dos apuntes realizados tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre (acuarela, acrílico, ceras, collage, mixta...)  DINA3. Entrega: primeira clase á volta das vacacións de Semana Santa (segundo cada grupo: 2, 3 ou 4 de abril)


A continuación tedes algúns exemplos de bodegóns cubistas:











martes, 5 de marzo de 2024

Traballo 14. O autorretrato máis aló do tradicional

 

Realización dun autorretrato a partir da nova definición discutida na clase.

 
Non se busca a representación física, senón a representación da identidade
ou da personalidade, o contar algo persoal sobre unha mesma

Temporalidade:    Entre 3 e 4 sesións (1ª sesión de introdución, 2ª sesión de taller: pensar sobre a proposta, referentes, bosquexos e 3ª (e 4ª) sesión de posta en común e presentacións.

Premisas: Tamaño a3 que se pode modificar, técnica libre. Non ten porque aparecer o corpo na obra e, no caso de facelo, que non sexa o único elemento nin o central. Xustificación escrita da propia obra (100 palabras mínimo)

Avaliación
-Valoración da obra sobre 9. Reservarase 1 punto para as persoas que queiran presentala. Na presentación valorarase o xeito de expresarse e de comunicar, ademais da implicación
-Dominio da técnica escollida e adecuación do tipo de papel, así como o feito de que teña coherencia coa obra e co que se quere expresar
-Creatividade da proposta
-Xustificación da obra: claridade, veracidade e coherencia

 Se queredes consultar a presentación vista na aula tédela na aula virtual da materia. 



martes, 27 de febreiro de 2024

TRABALLO 13. Anatomía artística

 

 

Na lámina DINA3 que se entrega na clase, debuxar o esqueleto na situación correcta dentro do corpo (fronte, espalda e perfil). Aquí tedes un Enlace a unha páxina de Pinterest con ilustracións anatómicas de varios tipos e un enlace para consultar información sobre o esqueleto e a musculatura. Técnica: lapis de cor fría (azul, violeta...). Data de entrega: calquera día da semana do 4 ao 8 de marzo (na hora de clase).

xoves, 22 de febreiro de 2024

Traballo 12. Mans e pés

 

Cinco debuxos realistas a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible. Cada un dos debuxos ocupará un formato DINA4 completo (unha man nun DinA4, outra noutro...etc) Na aula adicaremos dúas sesións a este traballo.
Data de entrega: Luns 4 e Martes 5 de marzo. (O alumnado que o luns vaia á saída a Pontevedra pode deixar os debuxos grapados na conserxería ou entregalos o martes na sala de profesores ao comezo do recreo se non ten clase de debuxo ese día)

Exemplo do traballo: